TEGA - Lei de Augas de Galicia
Fecha Jueves, 17 febrero a las 19:53:28
Tema PHP-Nuke


A XUNTA OBRIGARÁ A INSTALAR CONTADORES NOS POZOS

Ante as dúbidas plantexadas nas últimas semanas sobre a decisión da Xunta de Galicia de obrigar aos propietarios de pozos e traídas particulares a instalar un contador para medir o consumo de auga, Terra Galega quere especificar o que di a lei aprobada polo Parlamento galego cos únicos votos do PP.

A Lei 9/2010, de 4 de novembro, de aguas de Galicia establece a obrigatoriedade de pagarlle á Xunta de Galicia un canon de saneamento aos propietarios de pozos vencellado ao seu consumo de agua, así como a instalar un contador que permita determinar ese consumo.




Concretamente, a lei establece no seu artigo 48 que: [...] a determinación da base impoñible [do canon] realizarase, con carácter xeral, en réxime de estimación directa, mediante contadores homologados. A estes efectos, os usuarios están obrigados a instalar e manter ao seu cargo un mecanismo de medición directa da auga [o contador] efectivamente usada ou consumida.

E tamén di que: os usuarios que non dispoñan dun mecanismo de medición directa poderán acollerse a sistemas de estimación obxectiva. A estes efectos, entenderase que un usuario acóllese ao sistema de estimación obxectiva cando unha vez transcorridos seis meses desde a entrada en vigor do regulamento que desenvolva as previsións da presente lei [...] non dispoña de mecanismo de medición.

Na disposición transitoria segunda, a lei establece que ata que non se diten as normas de desenvolvemento do novo canon, continuarase coas normas vixentes. Polo que o novo canon non se aplicará ata logo das eleccións municipais.

Na disposición transitoria décimo cuarta, a lei establece a posibilidade da non recadación do canon para os casos onde resulte antieconómico [para o recadador]. Pero esa decisión terá que tomala o conselleiro e será a consellería a que determine se eses costes de recadación son ou non antieconómicos para a Xunta; é decir, que a lei obriga a cobrar (e se non, a determinar a razón pola que non se cobra).

Link: MaisGaliciaONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1469