Portos de Galicia - Concello de Cedeira
Fecha Jueves, 17 febrero a las 07:47:32
Tema PHP-Nuke


Portos de Galicia lamenta as críticas vertidas polo alcalde da vila, José Luís Vergara, con respecto ao futuro da lonxa local. Como se recordará, o rexedor municipal mostrouse crítico con José Manuel Álvarez-Campana, quen visitou aos responsables da Confraría o pasado sábado. O rexedor sentiuse molesto tras non ser invitado a esta reunión ao tratarse dunha visita institucional. Así mesmo, lamentou que non se dixo nada dunha das intervencións máis importantes para o sector pesqueiro e marisqueiro cedeirense, a futura lonxa.

Desde Portos reprochan ao alcalde que "cre incertidume coas suas palabras sobre ou futuro desta infraestrutura". Así mesmo, aseguran que o seu labor debería ir encamiñada a "apoiar a unha confraría tremendamente activa como a de Cedeira". En canto á lonxa, desde o organismo público insisten en que "o seu futuro está garantido". A este respecto recordan que a primeira fase do proxecto xa concluíu coa adecuación das naves para exportadores e que actualmente está en fase de tramitación a segunda fase da actuación.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1468