Reordenación do porto
Fecha Sábado, 12 febrero a las 20:29:00
Tema PHP-Nuke


Portos de Galicia presentou á confraría de Cedeira o proxecto de reordenación de instalacións e mellora do porto, que suporá a construción da prolongación do dique de abrigo en 225 metros.

Deste xeito, o presidente do ente público, José Manuel Alvarez-Campana, apuntou aos membros da confraría que esta actuación dará resposta ás carencias de amarre e abrigo, tanto da terceira como da sétima lista.

Así mesmo, o proxecto completarase coa construción de instalacións recreativas e a revitalización da casa do mar, así como coa posta en marcha dunha nave de caixas, e dunha de redes, para a reparación destes aparellos.

Esta actuación enmárcase no estímulo á actividade económica das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal a través do denominado Plan Ferrol

Link: EPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1463