Distancia de seguridade entre a zona de monte e vivendas
Fecha Sábado, 12 febrero a las 07:59:41
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira axilizará os trámites para liquidar os expedientes abertos na vila por non gardar a distancia de seguridade entre a zona de monte e vivendas. Así o adiantou o alcalde da localidade, Jose Luís Vergara Rey, e confirmou que tratarán de darlle prioridade aos casos que presentan maior gravidade.

Actualmente en Cedeira atópanse activas 81 denuncias dos anos 2008, 2009 e 2010, relacionadas co tema de seguridade que impón a lei de incendios en Galicia. Esta lei regula a distancia que debe gardarse entre a liña de monte e unha vivenda, e establece que non debe ser inferior aos cincuenta metros. As denuncias proveñen de particulares, da regulación da Xunta e outras foron expostas polos técnicos do servizo de inspección municipal.


© 2011 - Ari García


Do total destes expedientes, media ducia reverten especial perigo para os veciños por estar as árbores a poucos metros dos fogares. «Trátase dun puñado de casos nos que os afectados negáronse a acatar a norma», lamenta o primeiro edil. Vergara confirma que tratarán de darlle prioridade a estes casos.

Co paso do temporal Klaus o Concello viu a necesidade de endurecer a vixilancia. «A xente entrou en razón e viu que se debe gardar a distancia. Co Klaus caeron as árbores encima de casas e de tendidos eléctricos. Non só causou moitísimas desfeitas, senón que fixo perigar a vida de moitas persoas», recorda o rexedor.

O proceso

Cando o Concello inicia un expediente, informa ao propietario do monte de que é a súa obrigación tallar as árbores que non gardan a distancia de seguridade. Se o afectado non realiza a talla pode recibir unha multa coercitiva de ata 3.000 euros, que se repetiría cada dous meses. É a Deputación a que se encarga de xestionar estas infraccións.

Se o expedientado non leva a cabo a actuación, o goberno local pode iniciar unha execución subsidiaria, é dicir, levaría a cabo a talla e cobraría os custos ao propietario.

Desde o Concello piden a colaboración da Xunta para axilizar os trámites. «Tiñamos un convenio coa anterior administración polo que financiaban estas actuacións», afirma Vergara. O rexedor asegura que o Goberno autonómico ten a obrigación de axudar economicamente e ofrecer os seus recursos aos Concellos para levar a cabo os trámites.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1461