Preocupación polo estado da Magdalena e a falta de investimentos
Fecha Viernes, 04 febrero a las 07:57:22
Tema PHP-Nuke


Cando están a piques de cumprirse os tres meses desde que o temporal "Becky" azoutase a costa galega, a normalidade aínda non se restableceu. Polo menos no que se refire á praia cedeirense da Magdalena. Co paso dos días a preocupación polo estado no que se atopa o areal aumenta. Neste sentido, o alcalde da localidade, José Luís Vergara, considera que xa pasou o tempo suficiente para que empecen a verse movementos por parte de quen deben facerse cargo da mellora da maltreita praia.
Como se recordará, a Demarcación de Costas en Galicia ocúpase regularmente da achega de áridos na Magdalena, un areal que sofre regularmente as consecuencias do efecto das mareas e as correntes mariñas propias do lugar. A chegada de fenómenos adversos como o "Klaus" e posteriormente "Becky" provocaron graves danos na zona. A erosión da primeira fronte emendouse cun transvase de áridos desde a zona próxima á desembocadura do río Condomiñas. Xa por aquel entón desde Costas apuntábase que a mellora só era un "lavado de face" provisional deixando para máis adiante unha intervención máis profunda. Precisamente esta mellora resulta agora máis necesaria que nunca, sobre todo tras o paso do temporal "Beky" que volveu deixar o areal cun desnivel superior ao metro e medio.
Costas comprometeuse tras o paso da fronte, en novembro pasado, a acometer unha nova intervención "todos os anos someten ao areal a unha" máis exhaustiva que require dun achegue de áridos moito maior ao de anteriores ocasións e que inclúe un estudo sobre a influencia das mareas no lugar e unha posible intervención para paliar estes efectos.


© 2011 - Diario de Ferrol


Os meses pasan e desde o Concello temen que os recortes orzamentarios leven parte dos fondos necesarios para acometer esta intervención máis completa. O alcalde, José Luís Vergara, manifesto o seu desexo de entrevistarse co xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, para trasladarlle a súa preocupación polo estado en que se atopa o areal da vila, moi frecuentado durante o verán.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1451