Concello de Cedeira - ANUNCIO DOGA
Fecha Jueves, 03 febrero a las 07:58:32
Tema PHP-Nuke


Anuncio de aprobación definitiva do estudo de detalle das parcelas 19-20 e 37-38 do parque empresarial da Trabe (Cedeira).

O Pleno da corporación, na sesión extraordinaria realizada con data do 18 de xaneiro de 2011, adoptou o seguinte acordo:


Aprobar definitivamente o estudo de detalle presentado por Alejandro Díaz López, en representación de Galician Audio Research Center, S.A., co obxecto de definir a ordenación de volumes correspondentes á agrupación de parcelas 19-20 e 37-38 da zona Z3 do parque empresarial da Trabe, redactado por Antonio Piñeiro Conchado, visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia con data do 25 de outubro de 2010.


Este acordo supón o levantamento da suspensión de outorgamento de licenzas no ámbito regulado polo estudo de detalle.





O acto de aprobación definitiva do citado estudo de detalle foille comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con data do 21 de xaneiro de 2011, en cumprimento do disposto no artigo 92º.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, dándolle traslado, así mesmo, de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e os documentos que o integran debidamente dilixenciados polo secretario do Concello.


Contra este acordo plenario, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse de xeito previo e potestativamente recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Pleno deste Concello de Cedeira, de conformidade cos artigos 116º e 117º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8º, 9º e 10º da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46º da Lei da xurisdición contencioso-administrativa.


Cedeira, 21 de xaneiro de 2011.

José Luis Vergara Rey
Alcalde

Link: DOGAONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1450