
Portos de Galicia - Cedeira
Fecha Domingo, 30 enero a las 18:59:00 Tema PHP-Nuke
O ente público Portos de Galicia ultima a posta en marcha dun proxecto
para habilitar heliportos de urxencias diúrnas en once puntos
estratéxicos da costa, co obxectivo de reforzar a actividade de
navegación aérea na franxa litoral.
En concreto, estes portos están situados en Ribadeo, Burela, Ortigueira,
Cedeira, Laxe, Camariñas, Muros, Ribeira, Cabo de Cruz, O Grove e A
Guarda, onde cada pequena base aérea permitirá aos helicópteros executar
manobras ou encher, informou hoxe a Xunta nun comunicado.
As instalacións estarán autorizadas pola Axencia Aérea de Navegación,
dependente do Ministerio de Fomento, e queda pendente agora eliminar
elementos do mobiliario urbano das zonas portuarias e colocar a
sinalización, entre outras medidas.
A Xunta destacou con esta iniciativa a súa aposta pola seguridade das
zonas marítimas e a prestación de servizos auxiliares aos usuarios dos
portos galegos e aos cidadáns das vilas marítimas.
Link: ABCONLine
|
|