
Masiva participación nas mobilizacións convocadas pola CIG
Fecha Viernes, 28 enero a las 12:51:31 Tema PHP-Nuke
A
CIG amosou hoxe a súa satisfacción pola masiva participación da
clase traballadora nas distintas mobilizacións celebradas por todo o
país coincidindo coa xornada de folga xeral convocada para rexeitar
a reforma das pensións do Goberno español. A central estima que
arredor de 80.000 persoas saíron á rúa nas principais cidades e
vilas de Galiza nunha xornada histórica para o sindicalismo
nacionalista galego ao conseguir sacar adiante o paro en sectores
importantes a pesar do contexto de grave crise, do boicot dos medios
de comunicación e do acoso policial
 © 2011 - Manuel Formoso
A
folga tivo un seguimento practicamente xeneralizado no transporte de
viaxeiros e nos urbanos, na recollida do lixo e limpeza viaria, no
sector naval, nas grandes obras da construción (como a ampliación
de Peinador e Lavacolla ou o porto exterior da Coruña) e nos portos
comerciais de Ferrol e da Coruña. Os polígonos do Campiño en
Pontevedra, do Tambre en Compostela e algunhas empresas situadas nos
de Vigo viron reducida a súa actividade, de igual xeito que na
cidade olívica lle sucedeu a Citroën, que
tivo que dobrar a quenda de noite (terían que rematar ás 5.00 horas
e eran as 8.00 e aínda traballaban) para que a liña de produción
non se vise afectada. Alén diso, cómpre salientar que o 40 % da
quenda de mañá non entrou a traballar, arredor de 1.000 persoas.
Outras
empresas importantes que se viron afectadas polo paro foron a
ferrolana Navantia (cun paro do 40 % na empresa principal e do 60% nas
auxiliares, mentres que en Fene o paro ascendeu case até o 90%),
Celulosas de Pontevedra
(arredor dun 50 %), Alcoa en San Cibrao das Viñas (sobre un 50 %)
ou Zara Loxística, en Arteixo (outro 50 %). En Ourense rexistrouse
un paro total nas compañías Roberto Verino e Faurecia.
No
que respecta á administración local salienta o seguimento masivo
que tivo a convocatoria nalgúns Concellos, como foi o caso do de
Compostela, cun 80 % de paro. En canto ao ensino secundario, a
adhesión
á folga estivo entre un 60 e un 70 %. Finalmente, o sector onde o
paro tivo unha menor repercusión foi no pequeno comercio e nas
grandes áreas.
Ferrol
Dende a CIG de Ferrol subliñaron que a manifestación realizada hoxe na cidade é a máis numerosa das que se recorda na comarca nos últimos tempos, cunha participación que chegou ás 8.000 persoas. O dato sustenta a positiva valoración que fixeron dende a Unión Comarcal desta xornada de paro, na que se conseguiu paralizar a recollida de lixo e a limpeza viaria de Ferrol e Narón, os servizos de transporte urbano e diversas empresa do sector da construción e madeira e do metal (como Privilege ou Maderas Fernández.
Sobre a incidencia da folga, o voceiro comarcal, Manel Grandal, destacou especialmente a resposta á convocatoria por parte dos traballadores e traballadoras dos estaleiros públicos, de xeito que en Navantia Fene se acadou un 90% de seguimento e en Navantia Ferrol na empresa principal o paro xirou arredor do 40%, pero nas auxiliares o seguimento superou o 60%. Ademais, un volume importante de traballadores e traballadoras saíu do estaleiro para unirse á manifestación da CIG. E iso, incidiu Grandal, malia haber representantes de UGT e de CCOO que estiveron facendo o labor de contra piquetes.
Pola súa banda, as Federacións da área pública da CIG (Administración, Sanidade e Ensino) organizaron un piquete informativo propio que durante toda a mañá estivo percorrendo os centros dependentes da administración animando aos traballadores e traballadoras do sector público a secundar a folga. O piquete levou faixas na denfesa do emprego público, contra da rebaixa salarial que se lle ten aplicado a este colectivo e contra da política de privatización dos servizos públicos (sanidade, servizos sociais ou a educación) practicada polo goberno da Xunta.
O voceiro comarcal, Xesús Anxo López Pintos, apuntou que a central sindical demostrou hoxe que “non fallou á clase obreira e foi quen de pór a disposición da clase traballadora toda a ferramenta do sindicato”. Nesta liña tamén criticou con dureza o acordo asinado por CCOO e UGT, atendendo así as demandas dos gobernos, ao servizo do capital financeiro.
A respecto da presenza policial, subliñaron que se ben a de hoxe foi a manifestación máis numerosa, tamén foi a folga con máis presenza policial dos últimos anos. De feito a policía identificou a todos os piquetes informativos durante toda a noite e a mañá.
Carga en Odeón
Desafortunadamente, na comarca produciuse unha carga policial inxustificada contra un piquete que estaba realizando a súa labor informativa nun concesionario de vehículos situado en fronte ao centro comercial Odeón. Para maior sorpresa da CIG, non só a policía arremeteu contra os/as folguistas, senón que mesmo un vixiante de seguridade do complexo comercial saíu fóra do seu centro de traballo para “colaborar” na carga policial. Este vixiante golpeou a unha compañeira cunha porra extensíbel, causándolle unha fenda na cabeza.
Dende a CIG de Ferrol xa adiantaron que presentarán denuncia xudicial o garda de seguridade, para que, pola gravidade que reviste a súa actuación totalmente ilegal, se adopten todas as medidas que correspondan.
Link: CIGONLine - Manuel Formoso
|
|