“Haberá renovación tamén na comarca”
Fecha Sábado, 21 marzo a las 09:07:03
Tema PHP-Nuke


O BNG perdeu nos comicios á Xunta do pasado 1 de marzo na comarca máis dun 28% de respaldo electoral con respecto ós de hai catro anos e na cidade de Ferrol a caída chegou ata o 38%. Os malos resultados obrigan á organización nacionalista a abrir unha nova etapa, que en Ferrolterra estará marcada pola renovación na dirección. Despois de tres mandatos á fronte da dirección do BNG en Ferrolterra, Manuel López Foxo deixa abertas as portas ao cambio. Pensa que tralos resultados electorais “é positivo renovar a organización para volver a ilusionar ao conxunto da militancia”. O BNG prepárase para unha nova etapa, tamén na comarca.


© 2009 Diaro de Ferrol


Os malos resultados electorais provocaron a demisión de toda a executiva do BNG e a convocatoria dunha asemblea extraordinaria para elixir unha nova dirección. ¿Haberá tamén cambios na comarca?­
O BNG está a iniciar un novo ciclo que suporá unha renovación de persoas a calquera nivel da organización. Seguramente no Consello Comarcal haberá rostros novos e se incorporen outras persoas, o que axudará a dar ao BNG o pulo que necesita para a etapa que estamos a comezar. No mes de xuño estará renovada a executiva comarcal, ao igual que o resto de órganos de dirección do BNG, e no momento en que se produzan as asembleas comarcais para elixir o novo Consello Comarcal estou plenamente convencido e seguro de que haberá tamén renovación neste órgano e que outros compañeiros e compañeiras retomarán o traballo que viñemos facendo.­
¿Optará á reelección?
­Penso que é moi positivo para o BNG que haxa rostros novos e compañeiros que asuman a responsabilidade e eu colaborarei en que iso sexa así. Eu o que quero é que o BNG recupere na comarca o espazo perdido e, dende logo, eu serei un militante máis a prol deste obxectivo.­
¿É o momento de abrir a participación na dirección a outras correntes do BNG que non se senten representadas na actual e artellar un Consello Comarcal máis plural?
­
Como responsable comarcal sempre tratei de sumar e de integrar. Do que un non é responsable é de cando alguén non se sente cómodo ou considera que as súas ideas non son apoiadas pola maioría e desiste de seguir nun órgano. Aí xa non poido facer nada. Considero que as ideas da minoría e a pluralidade ideolóxica que hai no seo do BNG hai que respectalas dunha forma exquisita.
­¿Gustaríalle que houbera unha candidatura única?
­Sempre fun defensor das candidaturas de consenso. Hai que procurar buscar o denominador común nas ideas que temos que defender e buscar a aquelas persoas que faciliten un traballo cómodo e en plena sintonía na dirección, cos debates que sexan necesarios pero sempre tentando o consenso e unha liña de actuación común que lle permita ao Consello Comarcal facer o seu traballo sen grandes sobresaltos. Isto sería o máis positivo para o BNG, porque para actuar na sociedade con eficacia o primeiro que hai que ter é serenidade interna, a cal sempre é máis factible cunha candidatura de consenso.­
¿Como frear a tendencia á baixa de cara aos comicios locais de dentro de dous anos?
­
Os resultados tanto a nivel nacional como comarcal son claramente negativos. Temos que tomar nota e saber detectar onde cometimos erros e que temos que mellorar para no futuro non repetilos. En Ferrol, onde tocamos fondo nas pasadas locais e baixamos máis de seis puntos con respecto ás autonómicas do 2005, obsérvase unha lenta recuperación no voto ao BNG. E nos pequenos e medianos concellos a sociedade recoñeceu o traballo do BNG, como é o caso de Moeche, San Sadurniño ou Vilarmaior, nos que obtivemos bos resultados. De cara ás vindeiras municipais, non dubido de que o BNG ocupará unha posición na comarca moi por riba da que ten neste momento.­
E no caso de Ferrol, ¿repetirá Xoán Xosé Pita como candidato?
­
É un debate que non nos corresponde facelo agora, o que toca facer é renovar a organización a nivel local e comarcal. Se renovamos a formación en Ferrol e se lle dá a vitalidade que debe ter estaremos en condicións de que cando chegue o momento de elixir á candidatura para as municipais contemos nela coas mellores persoas que poidamos ter para presentar a mellor alternativa nacionalista ao Concello ferrolán.­
Voltando ás eleccións do pasado 1 de marzo, ¿a que pensa que se debeu a perda de respaldo electoral ao BNG nesta comarca?
­Sempre hai moitos factores que inflúen. Polo traballo feito dende o goberno galego, penso que en xustiza o BNG merecía outros resultados, pero son consciente de que non fomos capaces de que a sociedade o visualizara. ¿Houbo algunha outra forza política que pelexara tanto por reactivar Astano como o BNG? Desgraciadamente, este e outros debates quedaron eclipsados na campaña polo coche de Touriño, a fotografía de Quintana nun iate cun empresario... A isto hai que sumar que o señor Gato (Xoán Gato, líder de Terra Galega) case parecía máis un afiliado do PP que un candidato. Todo desgasta.­
E a falta de sintonía coa principal organización nacionalista da comarca, a CIG, ¿non pensa que tamén influíu na caída electoral?
­Non fomos nós os que nos distanciamos do camiño conxunto. Os responsables comarcais da CIG non defenderon o chamado Plan Barrera para Astano impulsado pola Consellería de Industria e, pola contra, si que se manifestan a prol do Plan Ferrol. A CIG é unha organización autónoma e as súas decisións son totalmente lexítimas, pero dende o punto de vista do BNG, foi a CIG a que se distanciou dese camiño que podiamos percorrer xuntos. Pero non son quen de dicirlle á CIG o que ten que facer.
­¿É posible cicatrizar as feridas co sindicato nacionalista e retomar un certo clima de colaboración pensando en próximas citas electorais?
­A nosa vontade é coincidir tamén coa CIG na defensa desta comarca e facer fronte á crise económica e ao desemprego que padece
.­¿Pensa necesaria unha reformulación dos pactos co PSOE existentes en Ferrolterra?­
Temos que aprender do traballo que levamos feito nos últimos anos nos distintos gobernos locais, provinciais e na Xunta para que sexa posible a alternativa ao PP e para que a sociedade perciba que BNG e PSOE poden conformar gobernos estables nos que as dúas forzas colaboran e non que compiten entre elas. As coalicións que hai nesta comarca non teñen sobresaltos, pero tras o congreso, no caso do PSOE, e a nosa asamblea, teremos que sentarnos para que no que resta de mandatos melloremos algunhas actitudes.


LInk: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=144