Concello de Cedeira - Lonxa
Fecha Viernes, 28 enero a las 09:15:35
Tema PHP-Nuke


A nova lonxa de Cedeira está chamada a consolidar o porto local como líder de vendas na zona. Pero as instalacións actuais arrastran máis de dúas décadas a pleno rendemento e a confraría de pescadores necesita un centro máis moderno e amplo que poida albergar a subministración dos barcos locais que teñen que descargar noutros portos.

O proxecto da nova lonxa sufriu continuos atrasos por parte da administración autonómica desde o inicio dos trámites. Nun principio, a Consellería do Mar estimaba que a primeira fase do proxecto puidese estar finalizada no 2008, pero non comezaron cos traballos de contrucción ata mediados do mesmo ano. E nos orzamentos da Xunta para o 2009 consignouse unha partida de 1,9 millóns para o remate.

A adecuación de 19 almacéns para departamentos de exportadores xa está acabada, e entregouse á confraría o pasado verán. A Consellería deberá proceder agora á derriba das antigas chabolas onde se almacenaban as capturas, e para rematar, a rula vella. Segundo informa a confraría de pescadores, xa dispón dun local provisional nas inmediacións do recinto actual onde poder traballar cando empecen as obras.

A confraría e o Concello local coinciden ao afirmar a falta de información que lles están ofrecendo desde a Consellería do Mar sobre o calendario de traballo. Desde a asociación de pescadores aseguran que lles comunicaron «de palabra», sen ningún papel oficial, que as obras comezarán en seis meses, pero temen que se poidan atrasar porque non recibiron aínda os prazos do proxecto.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1438