Concello de Cedeira - PLENO
Fecha Jueves, 27 enero a las 11:09:17
Tema PHP-Nuke


O goberno municipal de Cedeira sacou adiante no último pleno os orzamentos para o presente exercicio e o convenio urbanístico que lle garante ao consistorio a cesión de dous solares urbanizables no casco histórico da vila. Con respecto ao primeiro dos asuntos, só cabe engadir que saíu adiante cos únicos votos do equipo de goberno (PSOE, BNG e TEGA) e que en cifras representa algo máis de 4,7 millóns de euros a repartir ao longo dos doce próximos meses.
En canto á segunda das decisións adoptadas pola corporación, cabe recordar que se trata dunha iniciativa do equipo de José Luís Vergara que dará lugar, a longo prazo, á construción de vivendas sociais para colectivos como poden ser os mozos ou os maiores. Neste sentido, cabe engadir que cuestions como pode ser o réxime de concesión das vivendas é un asunto que aínda está por determinar. Pola contra, tal e como apuntou onte o primeiro edil, José Luís Vergara, o que está claro é que o chan obtido a través do acordo asinado coa empresa Albergues Rías Altas SL "terá unha finalidade social". Neste sentido, subliñou que, dadas as diferenzas que existen entre ambas as propiedades no que á cualificación urbanística refírese, resulta lóxico pensar que o proxecto máis inmediato será o que ten como referencia a rúa Zumalacárregui.
Neste caso, trátase dunha parcela de 536 metros cadrados que podería dar lugar a unha nova edificación de baixo, catro alturas e bajocubierta. O segundo solar, de 235 metros cadrados, require un PERI para o seu desenvolvemento urbanístico. Pola súa banda, a empresa verá mellorada a edificabilidade dunha parcela que, situada á entrada da vila, acollerá un centro comercial e 60 prazas de coches.

Link: DFONLIne






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1435