Convocatoria de axudas socioeconómicas
Fecha Viernes, 20 marzo a las 17:27:31
Tema PHP-Nuke


A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha orde pola que se establecen as bases e se regula a concesión, en 2009, de axudas de carácter socioeconómico dirixidas aos traballadores do mar afectados polos axustes da frota pesqueira. Trátase de medidas de acompañamento que buscan paliar os efectos da reestruturación da frota e dos seus traballadores, así como apoiar a reconversión destes profesionais. Para esta actuación a Administración pesqueira galega conta cun orzamento total de 1.285.383 euros, cofinanciado polo Fondo Europeo da Pesca (FEP 2007-2013), se ben este importe poderá ser ampliado sen que isto supoña a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes. Segundo a normativa publicada no DOG, dentro desta convocatoria establécense varios tipos de axudas. Así, atópanse as primas pola reconversión parcial, para a diversificación de actividades, ou total, como apoio á reconversión profesional noutro sector distinto ao da pesca marítima. Para estas dúas medidas fíxanse unhas contías máximas de 21.000 euros e 52.000 por beneficiario individual, respectivamente. Tamén se inclúe unha prima polo saída do sector pesqueiro, é dicir, pola xubilación anticipada, a través da que o pescador retirado percibirá unha compensación económica ata que non acade a idade legal de xubilación ordinaria. Neste caso, a subvención máxima por ano será de 12.500 euros por beneficiario, recibindo unha cantidade de 1.041 euros ao mes.

Fíxanse ademais as primas non renovables, que se conciben como compensacións aos tripulantes dos buques que paralizasen a súa actividade definitivamente como consecuencia dun plan de axuste de esforzo pesqueiro. A cantidade máxima que se poderá percibir ao abeiro deste tipo de axuda será de 10.500 euros por persoa. Por último, a través desta convocatoria poderase acceder a unha prima pola compra do primeiro barco, coa finalidade de facilitar o acceso á propiedade dun barco aos profesionais do sector que nunca tivesen un en propiedade. A contía máxima que se poderá percibir non poderá ser superior ao quince por cento do custo da adquisición do barco e non excederá dos 50.000 euros. Beneficiarios e requisitos por tipo de axuda
Os beneficiarios destas actuacións poderán ser os tripulantes de buques pesqueiros afectados por medidas de reestruturación da frota, que teñan porto base en Galicia, así como os tripulantes cuxo domicilio fiscal se atope na nosa comunidade autónoma. Para poder acceder a cada tipo de axuda deberán *****prirse os requisitos esixidos para cada unha delas. Deste xeito, para a prima por reconversión o solicitante deberá estar dado de alta no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar, ter menos de 55 anos ou ter máis idade pero sen posibilidade de xubilarse, así como acreditar un mínimo de cinco anos de exercicio da profesión de pescador. No caso da prima pola saída do sector pesqueiro, o interesado en percibir a axuda deberá estar dado de alta na Seguridade Social dos traballadores do mar e ter cotizado un período mínimo de 15 anos no momento de *****prir a idade de xubilación. Así mesmo, terá que ter *****pridos os 55 anos ou máis e non ter a idade legal para a xubilación ordinaria no momento da solicitude, terá que ter exercido durante un mínimo de dez anos a profesión de pescador e estar enrolado e en alta. En canto á prima non renovable, vinculada á paralización definitiva, o solicitante deberá ter sido tripulante a bordo dun buque no que traballase alomenos doce meses, sempre que a embarcación se sometese á paralización definitiva da actividade pesqueira e que a mesma forme parte dun plan de axuste. Deberá estar dado de alta no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar e ter cotizado un mínimo de 12 meses. Ademais, terá menos de 55 anos ou máis idade pero aínda sen posibilidade de xubilarse, e estará enrolado e en alta ou en situación de expediente de regulación de emprego. Por último, os requisitos esixidos aos posibles beneficiarios que opten por solicitar a prima para a adquisición do seu primeiro barco serán: estar dado de alta na Seguridade Social dos traballadores do mar, acreditar un mínimo de cinco anos de exercicio da profesión de pescador ou formación profesional equivalente, non ser propietario de ningunha outra embarcación de pesca e ter menos de 40 anos na data da adquisición do buque. Para acceder a esta axuda, o solicitante deberá ter adquirido un buque que teña unha eslora total inferior a 24 metros e entre 5 e 10 anos de antiguidade. Presentación de solicitudes
As solicitudes para as axudas referidas á saída definitiva do sector e á paralización definitiva previstas poderán presentarse ao longo de todo o exercicio orzamentario, unha vez se produza o feito causante delas. Para os demais casos (reconversión parcial ou total, e adquisición dun barco) os períodos para a achega das solicitudes publicaranse anualmente. Así, para a anualidade de 2009, o prazo para presentar a do*****entación será dun mes contado dende o día seguinte ao da publicación desta orde de axudas no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes deberán ser presentadas, de acordo cos formularios que acompañan á normativa publicada hoxe no DOG, no rexistro único e de información do Complexo Administrativo de San Caetano ou no rexistro de calquera das delegacións territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Deberán ir acompañadas de toda a do*****entación xeral que aparece relacionada nesta orde, así como aquela específica esixida para cada tipo de axuda.
Link: DOGONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=143