Concello de Cedeira - Orzamentos 2011
Fecha Martes, 25 enero a las 08:10:46
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira debate no pleno de hoxe os orzamentos da localidade para o 2011. O documento estima unha baixada nos ingresos de máis do seis por cento, provocada polo descenso nas axudas estatais. A cifra ascende a 4.775.791 millóns de euros.

A partida máis importante destínase aos servizos públicos básicos, con máis de 1,3 millóns de euros, seguida do investimento que recibirá o departamento de servizos sociais, con máis de 500.000 euros.

Destaca o aumento do orzamento en temas de educación, onde se duplica o investimento, e a enorme subida na partida de medio rural.

Baixan as partidas de servizos públicos, onde se enmarcan servizos como os de urbanismo, protección civil ou saneamento da auga, e a de promoción e difusión de cultura.



Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1429