AC-566 PERIGO !!!!
Fecha Sábado, 22 enero a las 08:02:04
Tema PHP-Nuke


O deputado do PSOE, Xavier Carro, participou onte en Cedeira nunha reunión con políticos locais na que estiveron presentes, entre outros, o alcalde da vila, José Luís Vergara, o exdelegado da Cptopv, Alberto González e o portavoz de Infraestruturas do PSOE no Parlamento, Pablo López Vidal. Tamén asistiron ao acto responsables das formacións locais de Narón e Valdoviño. A elección do punto de encontro, na zona próxima á ponte do Puntal e en plena AC-566, non foi a treo, como explicou o propio José Luís Vergara. "Esta estrada rexistra unha media de 75 accidentes ao ano, motivo polo cal necesitamos pór en marcha xa unha estratexia parlamentaria a través da cal logremos o apoio do grupo maioritario na Cámara, para que tomen cartas no asunto", dixo. Desde o PSOE confían en que, a pesar da crise, a Xunta poña en marcha un plan de actuación, a aplicar no horizonte do 2013, similar ao realizado no seu día polo bipartito para mellorar esta vía entre Cedeira e Ferrol.


© 2011 - Diario de Ferrol


Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1424