AC-566 PERIGO !!!! - Nova xornada de denuncia
Fecha Martes, 18 enero a las 08:15:30
Tema PHP-Nuke


O alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, confirmou onte a intención dalgúns responsables do PSOE comarcal e provincial de escenificar a que será a primeira "marcha" reivindicativa para a mellora da AC-566, acto que terá lugar o vindeiro domingo día 23 de xaneiro.
Segundo o rexedor no encontro estarán presentes, entre outros, o responsable de Infraestruturas Pablo López Vidal, quen fora titular desta mesma área durante o bipartito, pero no ámbito provincial, Alberto González. Tamén se espera que asista o deputado Xavier Carro. Todos reuniranse no coñecido como ponte do Puntal, na AC-5466, a uns quilómetros da vila.
Tras este encontro, con marcado carácter reivindicativo, os responsables do PSOE reuniranse para traballar nese extracto que prevén entregar a todos os veciños da vila no que se resume o primeiro proxecto para a AC-566 que foi elaborado polo goberno bipartito e para cuxa redacción e posterior execución piden a colaboración do goberno de Alberto Núñez Feijóo.
Outra das medidas de protesta ideadas polo PSOE cedeirense é a de informar a cada veciño da vila mariñeira do estancamento do proceso e da necesidade de estar unidos de face a futuras reivindicacións que puidesen exporse.
Vergara Rei insiste en que unha vez que resuman o referido dossier, realizado en 2008 pola Xunta, o mesmo visitará a cada veciño, "porta por porta" para presentalo. Así mesmo, o primeiro edil cedeirense non descarta entregar algún exemplar no feirón do día 23, se o texto está terminado.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1414