
AC-566 PERIGO !!!! - Nova xornada de denuncia
Fecha Martes, 18 enero a las 09:05:02 Tema PHP-Nuke
O Concello de Cedeira organizará este venres unha nova xornada de
denuncia polo estado da estrada que dá acceso á vila. O alcalde da
localidade, Jose Luís Vergara Rey, os socialistas cedeirenses, e os
membros das executivas socialistas de Narón e Valdoviño reuniranse na
ponte do Puntal, situado a catro quilómetros da entrada da vila. Os
asistentes percorrerán o viario a pé para ver in situ os danos que
presenta a AC-566, e revisar cada problema que expón a estrada.
O portavoz socialista de infraestruturas no Parlamento de Galicia, Pablo
López Villar, asistirá tamén á cita para trasladar despois ao órgano
autonómico as demandas do municipio. «Trátase dun acto de protesta
organizado polo partido socialista para deseñar a estratexia que levará a
cabo no Parlamento», explica Vergara.
Link: VONLine
|
|