Vergara "Oito anos de entrega por esta causa xa está bastante ben&qu
Fecha Viernes, 14 enero a las 10:40:14
Tema PHP-Nuke


A executiva cedeirense do PSOE reunirase o vindeiro sábado día 15 para elixir ao cabeza de lista para as próximas eleccións municipais. Todo apunta a que o alcalde da vila, José Luís Vergara Rey, será reelixido como candidato aos próximos comicios do mes de maio.
Vergara Rey considera que un proxecto de catro anos debe ter continuidade, por iso decidiu renovar o seu compromiso á fronte do seu partido e ver como van as cousas nas eleccións.


© 2011 - Diario de Ferrol



No entanto, o actual primeiro edil de Cedeira asegura que esta será a última vez que se presente como candidato. "Eu creo que oito anos de entrega por esta causa xa está bastante ben", asegurou o rexedor.
Así, na reunión do próximo sábado proporase ao candidato e perfilarase a lista que concorrerá ás eleccións, a semana seguinte consensuaranse as liñas a seguir durante a campaña electoral e o día 29 de xaneiro pecharase a lista e porase fin a este proceso inicial de formación da candidatura.
Sobre a posibilidade de continuar no goberno municipal a través dunha coalición de partidos, José Luís Vergara mantense firme no seu propósito de non volver pasar por isto, aínda que a decisión en última instancia non será só súa, como deixou entrever onte o primeiro edil cedeirense, quen asegurou que acatará os designios do seu partido.
Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1410