Esta será a segunda ocasión na que se presente Vergara Rey ás eleccións
municipais, tras conseguir a alcaldía na pasada campaña. «O PSOE non
conseguira nas municipais anteriores ningún representante, e coa nova
proposta chegamos ao goberno», recorda Vergara.
Pero antes deberá ser elixido como o candidato socialista para o
Concello de Cedeira na reunión da executiva que se celebrará este venres
na localidade. A candidatura deberá ser ratificada posteriormente polos
militantes do partido, durante a asemblea que se reunirá o domingo 30,
de onde sairá a lista electoral definitiva.

© 2011 - La Voz de Galicia
«Serán as últimas eleccións ás que me presente, pase o que pase»,
asegura o primeiro edil de Cedeira. Actualmente goberna co apoio do BNG e
Terra Galega, pero non pensa repetir a experiencia. «Outro tripartito
non o aguanto. Espero saír coa maioría suficiente para aceptar o
compromiso de rexer durante catro anos máis, sen hipotecas de ningún
partido. Outro resultado sería un fracaso».
A finais deste mes a lista electoral estará practicamente definida, e
Vergara adianta que reflectirá alternativas de futuro, candidatos para
suceder ao mandatario cando non volva presentarse. Ademais, adianta que
haberá paridade entre homes e mulleres na proposta.
Link: VONLine