
Plan de Ordenación do Litoral
Fecha Martes, 11 enero a las 12:39:50 Tema PHP-Nuke
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución do 29 de
decembro pola que se fai pública a memoria ambiental correspondente ao
procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Plan de Ordenación
do Litoral de Galicia (POL).
Esta memoria pódese consultar a través do
enderezo electrónico: http://medioambiente.xunta.es así como no propia
web do POL, http://www.xunta.es/litoral/.Neste documento, que
supón unha garantía de sustentabilidade para o litoral galego, valídase o
procedemento de avaliación ambiental estratéxica levado a cabo durante a
tramitación do POL así como a inclusión efectiva dos criterios de
sustentabilidade contemplados na elaboración do plan que foran indicados
no documento de referencia.
Entre as distintas variables analizadas na memoria podemos destacar
que, segundo consta no informe, a planificación de conservación da
natureza vese favorecida co POL, a través do seu compromiso de
establecer un modelo territorial que favoreza a funcionalidade e
conectividade dos sistemas naturais, garantindo a integridade dos
sistemas, evitando a presión sobre as súas áreas e elementos máis
fráxiles, e establecendo elementos a modo de corredores que favorezan a
conectividade ecolóxica.Resumo do proceso de avaliación ambiental estratéxica:•
Febreiro de 2009: o órgano ambiental, recibe o documento de inicio (DI)
do POL, previsto no artigo 18 da Lei 9/2006, sendo exposto ao público a
través da web: http://aae.medioambiente.xunta.es, e abríndose un prazo
de consultas do 6 de febreiro ao 6 de marzo. Durante o dito período,
consultouse ás entidades representadas no Consello Galego de Medio
Ambiente e Desenvolvemento Sostible para que realizasen os comentarios
que estimasen pertinentes. • Abril de 2009. O órgano ambiental elabora o documento de referencia que fixa os criterios de sustentabilidade a seguir. • Xullo de 2010. Aprobación inicial do POL, cuxa documentación inclúe o ISA (Informe de Sustentabilidade Ambiental). • Decembro de 2010: elaboración da memoria ambiental e aprobación provisional do POL. O
Plan de Ordenación do Litoral acadou a súa aprobación provisional o 30
de decembro, dúas semanas despois da levada a cabo coas DOT, cumprindo
así o compromiso levado a cabo pola Xunta de Galicia en canto a prazos e
acadando deste xeito que a planificación territorial deixe de ser unha
materia pendente en Galicia. Con este importante trámite, o Goberno
galego deixa feitos os seus deberes e queda a expensas do informe
favorable da Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar,
dependente do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño. Ese
será o derradeiro chanzo para a entrada en vigor do POL, que será
efectiva mediante decreto e publicación no DOG.
Link: XONLine
|
|