Nova actuación da Agrupación de Protección Civil
Fecha Lunes, 10 enero a las 07:40:27
Tema PHP-Nuke


Os veciños da rúa Regueiro, en Cedeira, non pegaron ollo o sábado pola noite. A iso das tres da madrugada espertoulles un balbordo rueiro. Podería ser o balbordo propio dos clientes dunha discoteca próxima, pero non. Ao asomarse ás fiestras viron uns cables de media tensión chispeantes golpeando contra o asfalto e un pequeno incendio na fachada dunha vivenda. ¿Que ocorreu? Fontes de Protección Civil informaron de que todo empezou nun cadro eléctrico situado no exterior dun edificio. Por causas que se descoñecen, comezou a arder. O lume propagouse polos cables que subían pola fachada e chegaban ata o tellado. Ao mesmo tempo, un dos de maiores dimensións soltouse, fixo contacto co chan e empezou a lanzar faíscas e a provocar estalidos. Ademais de cortarse a luz en varios metros á redonda, desatou a preocupación dos veciños por se pasaba algo máis. Avisados os voluntarios de Protección Civil e Fenosa, apareceron moito antes os primeiros.


Os profesionais baleiraron o contido de tres extintores sobre as faíscas, pero non deu resultado algún. Con auga nin sequera probaron pois resultaría máis inútil aínda. Entón intentaron con area proveniente dunha obra próxima. E acertaron. Tras verter sobre o cable chispeante uns sesenta quilos de area seca, Protección Civil logrou conter a reacción eléctrica unha hora logo de empezar a intentalo. Cando chegaron os de Fenosa, unha hora despois de que todo empezase, non había incendio, só algunhas rúas sen luz. O servizo quedou restablecido.

Link: VONLIne






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1396