
Alfredo del Río López non será candidato do BNG
Fecha Sábado, 08 enero a las 18:29:14 Tema PHP-Nuke
O primeiro tenente de alcalde de Cedeira e Concelleiro de Industria,
Comercio e Turismo, o nacionalista Alfredo del Río, aproveitou unha
reunión onte con empresarios para anunciar publicamente o que para
moitos era un segredo a voces, a súa decisión de non presentarse como
candidato do BNG ás eleccións municipais do próximo mes de maio.
Durante o seu discurso , o edil do Bloque asegurou que estaba ofrecendo o
seu "penúltimo discurso". Preguntado polo sentido das súas palabras, o
concelleiro nacionalista asegurou que non se atopa con ánimos para
seguir á fronte do partido.
Neste sentido apuntou que os motivos son
estritamente persoais, aínda que non negou que a situación dentro do
Bloque non é a máis idónea. Del Río fixo alusión a unha hipotética falta
de unidade dentro do grupo político, algo que non anima ao edil
apresentarse á reelección, aínda que non descarta volver no futuro.
Aínda que non houbo unha presentación oficial, todo apunta a que a
candidata do BNG en Cedeira será María Xosé Rodríguez Pérez, irmá de
Xoán Xosé Rodríguez, quen foi alcalde da vila entre os anos 1999 e
2003.
Link: DFONPaper
|
|