
Plan Ferrol - Xavier Carro
Fecha Jueves, 06 enero a las 07:56:54 Tema PHP-Nuke
O deputado nacional Xavier Carro Garrote, oriúndo da vila mariñeira e
membro da comisión impulsora das axudas para a reindustrialización da
comarca de Ferrol convocadas polo Ministerio de Industria, Turismo e
Comercio, participará mañá no encontro de empresas que se celebra en
Cedeira, segundo confirma o Concello. «Nada disto sería posible sen as
axudas que outorga o Goberno central á comarca dentro do Plan Ferrol.
Todas as empresas que se trasladan aquí solicitan estas subvencións. E
un dos grandes impulsores deste proxecto foi Carro», agradece o alcalde
da vila, Jose Luís Vergara. A xornada está coordinada pola concellería
de Industria de Cedeira.
Link: VONLine
|
|