Acto - Concello de Cedeira
Fecha Jueves, 06 enero a las 07:54:25
Tema PHP-Nuke


Máis dun centenar de empresas de Cedeira participarán mañá nun encontro organizado polo Concello para establecer lazos comerciais entre as distintas sociedades fincadas na vila mariñeira. Así o confirmou o rexedor do municipio, Jose Luís Vergara Rey, que espera que o encontro sirva para fomentar a futura colaboración entre entidades.

No acto tamén participarán as empresas de fóra da comarca que se instalarán proximamente no polígono industrial da Trabe. De momento, está previsto que se sitúen na localidade unha empresa dedicada á fabricación de material médico e cirúrxico, outra dedicada á xeración de enerxía a través da biomasa, unha planta para o cultivo e a comercialización de algas, unha fábrica de altofalantes e unha empresa de aeroxeradores de eixo vertical. «Queremos mostrarlles os recursos locais dos que dispón e que vexan todo o que lles podemos ofrecer na vila», explica o primeiro edil.

En principio desde o Concello prevén que participen no acto un centenar de empresarios locais que cobren todos os sectores produtivos. «Virán, entre outros, responsables de locais hostaleiros e restaurantes, construtores, carpinteiros, electricistas e demais pequenas empresas locais», asegura Vergara Rey.

Ao acto poderán asistir calquera local da comarca que queira participar na xornada. «Habemos invitados a uns poucos, pero a entrada está aberta para todo aquel que queira participar», confirma o primeiro edil. E o encontro non está soamente dirixido a empresarios, senón que calquera veciño interesado poderá presenciar a actividade.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1390