Mar prohibe capturar nécora a partir de mañá
Fecha Miércoles, 05 enero a las 16:25:40
Tema PHP-Nuke


Segundo a Orde do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba o Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o 2011, a Consellería do Mar prohibe a captura da nécora a partir de mañá, 6 de xaneiro. O calendario aprobado no Plan Xeral de Explotación Marisqueira establece que a actividade de extracción deste crustáceo estará prohibida ata o día 3 de xullo. O departamento que dirixe Rosa Quintana, persegue con esta medida técnica favorecer a reprodución e reducir o esforzo pesqueiro que soportan as poboacións desta especie na Comunidade Autónoma de Galicia.

A extracción da nécora estivo autorizada dende o 5 de xullo de 2010 ata hoxe. Neste período de tempo capturáronse 115.877,37 quilos nas augas galegas cun importe total de 1.973.029,18 euros.A Consellería do Mar lembra que na actualidade tamén están en veda outros crustáceos como o santiaguiño (Scyllarus arctus) ata o 2 de outubro, o lumbrigante (Homarus gammarus) e a lagosta (Palinrus elephas), ambas especies ata o 30 de xuño.

Link: XONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1388