
Alberto Díaz García, xefe da Agrupación P.C. de Cedeira
Fecha Domingo, 02 enero a las 16:52:43 Tema PHP-Nuke
"Somos xente de acción e gústanos botar unha man"
Alberto Díaz García é axente da Policía Local de Cedeira e ostenta a
xefatura da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da vila, que
se constituíu fai dez anos e que na actualidade conta con 40
integrantes. Trátase de "xente de acción, á que lle gusta moverse e
botar unha man a quen o necesite", segundo indica Alberto Díaz, quen
asegura que ningún dos voluntarios cobra nada polo seu traballo, xa que
as subvencións destínanse integramente aos seguros, o combustible e a
adquisición de material.
 © 2011 - Diario de Ferrol
De feito, esta agrupación é a que conta cun maior equipamento, tanto de
medios móbiles como de protección persoal, que foi acrecentando ao longo
dos seus dez anos de existencia. Segundo a información achegada por
Alberto Díaz, os voluntarios de Cedeira dispñen de tres vehículos e unha
motobomba, dous equipos de respiración autónoma, dous chaquetons e dous
cascos de bombeiro, unha motobomba de achique portátil, unha
motosierra, desengrasantes de estrada, secantes de aceite, un equipo de
excarceración portátil, un equipo de escalada e catro de mergullo,
ademais dun aparello para a medición de gases. Dispón, así mesmo, de
dúas lanchas zodiac propiedade do Concello.
Coas subvencións deste ano "1.600 euros da Xunta, 9.800 do Concello e
500 da asociación cultural Citania" adquiriron catro emisoras para os
vehículos e outras dúas portátiles que utilizan para os rallyes. Estes
equipos están programados para funcionar coas frecuencias da Policía
Local e a canle 16 de Urxencias Marítimas, que son analóxicas. A
renovación das emisoras foi unha tarefa ineludible, dado que as que
tiñan anteriormente quedaron inutilizadas a causa do temporal "Klaus".
Das 124 intervencións que esta agrupación realizara ata mediados de decembro, 15 corresponderon a incendios en vivendas.
Link: DFONLIne
|
|