O BNG presenta unha web para os concellos aberta e participativa
Fecha Martes, 28 diciembre a las 10:22:32
Tema PHP-Nuke


O secretario de Acción Municipal do BNG, Manuel Antelo, e a secretaria de Comunicación, Rosana Pérez Fernández, presentaron hoxe a web municipal do BNG á que se pode acceder dende a páxina nacional do BNG ou ben directamente dende www.bng-galiza.org/concellos

Manuel Antelo: “É unha web aberta á sociedade galega para que participe e vexa o traballo do BNG nos concellos”

Manuel Antelo salientou que “o obxecto desta páxina web é contribuír a que a cidadanía galega perciba nestes tempos que o noso compromiso é tamén cos concellos”. Neste sentido, o responsábel de Acción Municipal do BNG asegurou que “a web que presentamos pretende ofertar novos servizos ás mulleres e homes militantes do BNG, e nomeadamente aos concelleiros e concelleiras, así como abrir un escaparate á sociedade onde se mostre a política municipal nacionalista”. Do mesmo xeito, subliñou que “con esta web no BNG tamén queremos abrir un portelo á participación en rede, ao diálogo coa cidadanía e á proximidade da nosa política municipal coa xente”. Unha web aberta á participación "É unha web -engadiu- en permanente construción, apegada á realidade política, dinámica e aberta á participación; pretende poñer en práctica valores como transparencia e traballo en rede; a web vai por en valor a ética e o traballo político nos concellos, e ademais, pretende visualizar o proxecto nacional no que se ubica a nosa política local”.Por último, Manuel Antelo salientou que “a páxina está aberta á suxestión e ao diálogo, non só coa militancia do BNG, senón tamén coa cidadanía en xeral”. Rosana Pérez: “Unha aposta máis do BNG polas novas tecnoloxías” Pola súa parte, a secretaria de Comunicación do BNG, Rosana Pérez Fernández, puxo de manifesto que “esta páxina de municipal vai contribuír a que os nosos concelleiros e concelleiras teñan un acceso directo non só ás novas senón a calquera consulta, senón para que toda a cidadanía galega teña acceso ás novas da actividade do BNG en calquera concello de Galiza e tamén no seu concello”. Ademais, asegurou que a nova web para os concellos “insírese na aposta do BNG polo uso das novas tecnoloxías e pola aposta da política en rede”. 97 perfís en Facebook e a canle do BNG en Youtube, a de maior seguimento das forzas políticas de Galiza Como mostra disto, Rosana Pérez lembrou que o BNG conta con 97 perfís en Facebook, e en Youtube, TeleBNG é a canle con maior seguimento de todas as forzas políticas de Galiza, con 470 subscritores, 356 vídeos de produción propia e 272.000 visionados. Uns datos que contrastan cos do PSOE Galiza: 83 subscritores e 107.000 visionados e cos do PP en Galiza: 9 subscritores e 84.000 veces que foron vistos os seus vídeos. Seccións da Web En www.bng-galiza.org/concellos os e as internautas poderán acceder ás principais novas sobre o traballo do BNG nos concellos así como coñecer os candidatos e candidatas do BNG ás vindeiras eleccións municipais. Ademais, poderán coñecer as mocións que o BNG están a presentar nos plenos municipais; descargar os programas municipais do BNG dende 1983 ou enviar as súas suxestións. Por último, e entre outras seccións, os concelleiros e concelleiras, e a cidadanía galega en xeral, poderán coñecer o funcionamento da actividade política nun concello ou os principios éticos que aplica o BNG na vida política municipal.
Link: BNG Galiza






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1379