Senda peonil
Fecha Jueves, 16 diciembre a las 08:04:59
Tema PHP-Nuke


O alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, entrevistouse nos últimos días co responsable de Obras de Deputación da Coruña, Bernardino Rama, para coñecer en que situación se atópan varios proxectos comprometidos co municipio. Un deles é a construción da variante das Pontigas, unha obra que se atrasou no tempo debido a que xurdiron unha serie de problemas debido a que o proxecto afectaría a un pazo catalogado por Patrimonio.
Segundo o alcalde, o proceso retomarase no principio do ano cando se espera que arrinque o proceso expropiatorio para acometer as obras.
A intervención na DP-2204 consiste en modificar o trazado e aliviar así a presión do tráfico que rexistra este viario ao seu paso polo lugar de Pontigas, unha zona moi transitada e que rexistra numerosos accidentes. A calzada ampliarase ata os sete metros, cunha beiravía dun metro, ademais revestiranse de formigón as cunetas e colocaranse novas tubaxes de pluviais. A obra orzouse no seu día en 800.000 euros.

Outro dos proxectos que a Deputación comprometeuse a executar nos próximos meses na vila cedeirense é unha senda peonil. Neste caso o alcalde recordou que tempo atrás a administración provincial aceptou financiar a construción dunha a San Antonio, pero que as dificultades do Concello para pór a disposición da Deputación os terreos necesarios obrigaron ao goberno local a modificar o proxecto. Así, pois, as pretensións do Concello cedeirense pasarían por construír unha nova senda que iría desde a zona vella da vila ata a zona das Pontigas. Esta intervención, segundo explicou o alcalde, sería moi beneficiosa para o municipio, xa que se uniría ao proxecto da variante. "Trataríase dunha obra redonda que ofrecería a todos os cedeirenses a posibilidade de ir a pé ata este lugar, percorrendo unha distancia duns tres quilómetros", apuntou Vergara.

Link: DFONLIne






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1371