AC-566 PERIGO !!!!
Fecha Jueves, 16 diciembre a las 08:00:50
Tema PHP-Nuke


O alcalde de Cedeira, Jose Luís Vergara Rey, non quere descargar tan rápido os cartuchos cos que conta o municipio para protestar polo estado da estrada, polo que o Concello decidiu atrasar a data para organizar a marcha a pé ata Ferrol. «Vai ser unha loita a longo prazo, e intentamos que a xente non se canse nin se desanime, así que de momento seguiremos repartindo panfletos informativos. Non queremos que sexa unha loita explosiva duns días e se desínfle rapidamente», asegura Vergara Rey.

O Concello iniciou unha campaña de recollida de firmas coa que involucrar aos veciños. «Estamos redactando os documentos de adhesión, e nuns días empezaremos coa recollida de firmas», explica o rexedor. Será el mesmo un dos encargados de ir casa por casa buscando apoio e explicando aos veciños da localidade que rexenta cales son os plans de futuro. «Entregaremos as firmas no parlamento de Galicia para pedirlle á Xunta que, se non nos escoita a nós, polo menos escoiten aos veciños de Cedeira», adianta o primeiro edil.

Catro grandes melloras

As protestas en Cedeira polo estado da AC-566, a única estrada que dá acceso á vila sen ter que dar un rodeo por Ortigueira, é algo que vén de longo. Trátase dunha estrada de case setenta curvas e que en apenas un ano quitou a vida a tres persoas.

As demandas do goberno local pasan por catro grandes intervencións que mellorarían a seguridade do viario. Primeiro, mellorar o traxecto que une a zona de Freixeiro coa glorieta de Carballos. Despois, construír unha variante que circunvale Valdoviño para desconxestionar o centro da localidade. Suavizar as curvas e introducir carriis de tráfico lento no viario ata a zona de baixo Esteiro, e construír unha variante ata o parque empresarial para que os camións non teñan que transitar polo centro urbano, culminarían as peticións. «Somos conscientes de que é un momento de crise económica e estas intervencións supón un gran investimento, só queremos que se dean os pasos para asegurar que levará a cabo a actuación», conclúe.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1370