Licenza de actividade sometida a avaliación de incidencia ambiental
Fecha Lunes, 13 diciembre a las 09:30:04
Tema PHP-Nuke


Licenza de actividade sometida a avaliación de incidencia ambiental. Empresa: Galician Audio Research Center S.A. Actividade: fabricación de caixas acústicas e complementos, no parque empresarial de A Trabe (parcelas 19-20 e 37-38) de Cedeira

ANUNCIO.- Licenza de actividade sometida a avaliación de incidencia ambiental

Expt. 2010/026/000004

Solicitada neste Concello por D. Alejandro Díaz López en representación de Galician Audio Research Center S.A, licenza municipal para a actividade de fabricación de caixas acústicas e complementos, no Parque Empresarial de A Trabe (parcelas 19-20 e 37-38) de Cedeira, tramítase o expediente de licenza de dita actividade.

En cumprimento co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública por termo de vinte días dende a inserción do presente anuncio no DOG, no BOP, e no taboleiro de anuncios do Concello, para que, quen se vexa afectado de algún xeito pola dita actividade, presente as observacións que considere pertinentes.




De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/92, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio comunícaselle ós interesados ós que non sexa posible notificar persoalmente ou cando se ignore o lugar de notificación, que están notificados a tódolos efectos, significándolles o prazo de 20 días hábiles contados a partir do dia seguinte á publicación deste anuncio para alegar o que consideren oportuno

O expediente obxecto desta información podérase examinar no Servizo de Urbanismo e Arquitectura deste Concello durante horario de oficina.

Cedeira, 1 de decembro de 2010

O Alcalde;

Asdo.- José Luis Vergara Rey

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1365