Danos Colaterais - Por Diego R. Piñón
Fecha Lunes, 13 diciembre a las 09:15:42
Tema PHP-Nuke


Un artigo de Diego Rodriguez Piñón publicado no xornal Diario de Ferrol.

" Cando en decembro de 2009, o actual goberno da Xunta de Galicia, aproba a aplicación da lei de contratos do sector público ós centros que atenden a persoas con discapacidades, é plenamente consciente que na decisión priman máis os factores económicos que os sociais. Coñece de antemán os perxuicios que provocará a xestión privada das instalacións: reducción de persoal, incremento da ratio de usuarios por coidador, e a pérdida de calidade na atención prestada. Sabe tamén de sobra que afectará moi directamente ás familias, pois prevé, recomenda, aconsella e permite o copago das prazas. O custe destas pode chegar a esixir ata o 75% da pensión dos usuarios de residencia e ata o 40% nos centros ocupacionais. Esta visión a priori de empeoramento do escenario social non frena a proposta. Na actualidade en Ferrol algunhas daquelas previsións xa son reais. Outras consecuencias moi graves e quizáis non advertidas poden estallar. O copago alarma a moitas familias, sobre todo ás máis humildes. As pensións dos seus fillos que a legalidade determina como destino finalista para cubrir as súas necesidades, na realidade son vitais, imprescindibles para a economía familiar. Ante esta presión á que se verán sometidas, existe no colectivo unha gran preocupación sobre un efecto de retirada de usuarios dos centros, temor a invertir negativamente o proceso de promoción social das persoas con discapacidades. Mentras tanto os responsables políticos que plantexaron esta batalla desigual observan e aceptan os graves danos sociais colaterais en pro da economía."




Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1364