Concello de Cedeira - BOP
Fecha Viernes, 10 diciembre a las 10:01:02
Tema PHP-Nuke


Incoación de procedemento para a alteración da calificación xurídica ou desafectación do camiño municipal sito en Barral (Esteiro)

ANUNCIO

O Alcalde do concello de Cedeira por providencia de Alcaldía de data 24 de novembro de 2010 acordou incoar o procedemento para a alteración da calificación xurídica ou desafectación do camiño municipal sito en Barral, Esteiro deixando o dito ben de ser destinados ó uso público municipal ó que esta afecto, e cambiando a súa cualificación de bens de dominio público a ben de carácter patrimonial.




O expediente, ó abeiro do establecido no art. 8 do RD 1372/86, de 26 de novembro, do Regulamento de Bens das Entidades Locais, queda sometido a información pública por prazo dun mes a contar desde o día seguinte ó de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do concello; durante este prazo, os interesados poderán presentar as alegacións que estimen oportunas.

De conformidade co disposto no art 59.5 da Lei 30/92 de réxime xuridico das adminsitracións publicas e do procedemento administrativo común, faise pública a notificación do trámite de audiencia concedido no expediente ó titular catastral da parcela 15022A503034400000UY, por ser descoñecido o seu enderezo, para que no prazo de 15 dias a contar desde o día seguinte ó de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do concello poida para facer as alegacións e presentar os documentos e xustificacións que estime pertinentes.

Asi mesmo, de conformidade co art 59.5 da Lei 30/92 por medio do presente anuncio comunícaselle ós que non sendo posible notificar persoalmente o referido tramite de audiencia que están notificados a todos os efectos significándolles que dispoñen dun prazo de 15 dias contados a partir do seguinte á publicación para alegar o que estimen oportuno.

Cedeira, 24 de novembro de 2010

O ALCALDE

Asdo.- Jose Luis Vergara Rey.

Link: BOPONLIne






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1358