Áreas comerciais
Fecha Martes, 07 diciembre a las 15:44:09
Tema PHP-Nuke


Máis de dúas décadas teñen pasado entre a aprobación da primeira Lei de Comercio Interior de Galicia (1988) –que foi modificada nalgúns puntos coa Lei de Acompañamento dos orzamentos autonómicos de 2003– e o proxecto da segunda normativa que regulará este sector na comunidade.
O proxecto que a Xunta ten previsto levar a debate no pleno do Parlamento desta semana modificará moitos artigos e creará novas figuras de protección pero segundo a oposición tamén perderá a oportunidade de regular a instalación de áreas comerciais, supeditada ao que decidan os concellos. Previsiblemente, o documento normativo sairá adiante malia contar coa negativa da oposición, moi crítica pola falta de consenso para “mellorar” o texto.
Unha das maiores polémicas da futura lei é a situación dos centros comerciais. “A lei do 88 regulaba a implantación do que consideraba grandes superficies en función do número de metros cadrados e o número de habitantes do concello”, recorda o voceiro do BNG en Comercio, Henrique Viéitez, quen subliña que o feito de obviar as cifras de poboación “colouse” coa Lei de Acompañamento de 2003 sen consultalo. O nacionalista reclama que se volva a esa normativa porque xa se amosou efectiva noutras comunidades “como Baleares”. Considera Viéitez que ter en conta os datos de poboación é fundamental para controlar a implantación destes grandes negocios xa que os concellos van primar o diñeiro “pola súa precariedade” a outras cuestións como a necesidade, o urbanismo ou o medio ambiente.

DÚAS AUTORIZACIÓNS
“A lei bota balóns fóra e deixa as licenzas en mans dos municipios”, insiste, se ben recoñece que a partir de 2.500 metros cadrados tamén precisarán autorización da Xunta. Así mesmo, reclama, ao igual que fai o PSdeG, a creación dun plan sectorial de equipamentos comerciais porque, na súa opinión, o primeiro que buscan os promotores destas áreas é “a especulación urbanística”.
A representante do PSdeG en materia de Comercio, María Quintas, considera que “o plano sectorial de comercio é un dos grandes esquecidas dende que goberna Feijóo”. A xuízo da deputada, o texto –que “copiou ao bipartito podando o esencial”– “pon en grave risco os pequenos comerciantes porque non contan coas mesmas ferramentas que as grandes distribuidoras”. Pola súa banda, Henrique Viéitez pensa que os concellos poderán ingresar nun primeiro momento pero tamén poden acabar perdendo por outro lado e ademais “as grandes superficies supoñen postos de traballo pero destrúen máis dos que crean.

As novidades que inclúe a futura Lei de Comercio Interior de Galicia

Link: XORONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1355