EU - Concello de Cedeira
Fecha Martes, 07 diciembre a las 11:46:00
Tema PHP-Nuke


Esquerda Unida trata de entrar en contacto cos veciños de Cedeira unha vez que a formación deu o paso de concorrer por primeira vez a un proceso electoral local. Da reunión mantida recentemente coa veciñanza do núcleo de San Andrés despréndese que EU apoia a iniciativa do Concello no sentido de desenvolver un plan integral na zona, así como esixir as previsións que existen tanto no que se refire á obra de mellora do santuario como á posta en valor das pinturas atopadas tras o retablo do altar maior. Por outra banda, o grupo de traballo de Esquerda Unida, que xa está inmerso no proceso electoral previsto para o mes de maio, tamén recolleu a demanda da poboación de San Andrés en canto a outras melloras.

Así, á marxe da obra que a Deputación acomete agora para ampliar o último tramo da estrada que dá acceso ao núcleo urbano, os veciños entenden da mesma xeito necesario a reforma de toda a vía para optimizar as comunicacións. Así mesmo, demandan máis puntos de luz para incrementar o servizo de alumado público, a reparación do pavimento da rúa principal do núcleo poboacional e a retirada das casetas que no seu día foron instaladas na zona para a venda de obxectos e demais mercancía propios dun lugar que ao ano recibe a miles de visitantes. Nos próximos días, tal e como se anuncia desde Esquerda Unida, as persoas que están detrás da candidatura teñen previsto reunirse con outros colectivos veciñais.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1352