AC-566 PERIGO !!!!
Fecha Viernes, 03 diciembre a las 11:00:08
Tema PHP-Nuke


O alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, recoñeceu onte que o primeiro intento de implicar á cidadanía nas reclamacións que o Concello mantén para mellorar a seguridade na AC-566 fracasara. Non por iso, tal e como tamén explicou o rexedor municipal, a administración local está disposta a cejar nas súas aspiracións. De feito, a intención dos responsables municipais pasa por recorrer novamente á celebración do feirón mensual para facer chegar aos veciños as peticións que a día de hoxe a administración local mantén inalterables con respecto á citada calzada. A feira ten lugar o segundo domingo de cada mes. Por conseguinte, esta nova mobilización convocada polo equipo de goberno levará a cabo o día 12 de decembro, segundo as intencións apuntadas polo rexedor municipal. En canto ás esixencias que se expón para mellorar a única vía de comunicación do municipio cedeirense coa comarca pasan inicialmente pola realización dun estudo para analizar e dar solución ás condicións actuais dunha vía na que nos últimos meses perderon a vida un total de oito persoas, segundo recordou Vergara.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1346