EU - Concello de Cedeira
Fecha Miércoles, 01 diciembre a las 07:38:25
Tema PHP-Nuke


Esquerda Unida de Cedeira esixe a través dun comunicado "transparencia e limpeza en todos e cada un dous procesos selectivos para a bolsa de traballo do Concello". Segundo a formación o consistorio incorreu nunha serie de "irregularidades" durante o proceso de selección de persoal para cubrir as prazas de peón, unha situación que, segundo manifestan, "xera indefensión e crea desigualdades inaceptables á hora de concursar a un emprego público". Así, EU-EU reitera que non comparte o criterio do tribunal de avaliación "que segundo din está formado por persoal de oficinas e servizos do propio consistorio" e tampouco que se admitiu a un dos concursantes fora do prazo marcado.
Desde o Concello recordan que o proceso de selección para cubrir as vacantes corresponde ao referido tribunal, no que non hai políticos, e que se permitiu examinarse fóra de prazo a unha persoa que presentou alegacións ao non haberse anunciado o exámen na web como estaba previsto, paliando así un erro do Concello

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1341