Concello de Cedeira - POS 2011
Fecha Martes, 30 noviembre a las 09:08:59
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira aprobou a semana pasada a listaxe de obras que se acometerán con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña. A relación de traballos saíu adiante cos votos dos edís do tripartito e a abstención dos do Partido Popular.
Como contempla a lei, o goberno municipal decidiu utilizar o 50% da partida que lles corresponde a sufragar os gastos correntes previstos para o exercicio económico de 2011, é dicir, 118.187 euros.
O resto da partida económica destinarase a diferentes obras encamiñadas a mellorar os accesos á vila. Así, acometerase a pavimentación dos camiños de Moreira e Pereira, por 60.064 euros, dos cales 3.003 achégaos o Concello. Tamén se decidiu pavimentar os camiños de Hedreiros, Corredoira e Pontigas, con 67.975 euros, dos que o consistorio sufragará 3.398.
Ademais da mellora da rede de camiños municipais, o Concello aprobou tamén o plan complementario de obras, que contempla a mellora do alumado na zona de Lameiro. Os traballos están orzados en 31.493 euros.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1337