INVISIBLES - Por Diego Rodriguez Piñón
Fecha Lunes, 29 noviembre a las 11:41:22
Tema PHP-Nuke


Un artigo de Diego R. Piñón publicado no Diario de Ferrol.

"Á Fundación galega para o impulso da autonomía persoal e atención a persoas con dependencia (Funga) correspóndelle a protección xurídica e social das persoas maiores de idade incapacitadas legalmente e en situación de desamparo. A cifra dos seus pupilos pasou das escasas 68 persoas no ano 1997  ás 1.551 na actualidade. Este considerable incremento débese ó envellecemento da poboación, ó aumento do número de persoas diagnosticadas de trastornos mentais, así como ó desarraigo familiar existente na sociedade en relación con eses sectores. Aínda que a modificación estatutaria do ano 2006 incluía cambios na propia denominación, ampliación de fins, e na estructura dos órganos de goberno e directivos, a súa acción social cos tutelados non experimentaba cambios significativos.Agora o actual volume de usuarios e a súa tendencia ascendente obriga á renovada Funga a implementar un plan de acción para tentar facer efectivo e real o desenvolvemento dos seus fins tutelares. O reforzo do persoal da área de tutela, o incremento das visitas e millora da atención ás persoas tuteladas, a promoción dun funcionamento máis eficaz e áxil, e a organización de xornadas informativas, son algunhas das propostas da dirección técnica da Fundación. A maquinaria empeza a moverse pola difusión, pois este mércores, na Casa do Mar da Coruña, celebraranse as primeiras xornadas informativas de ámbito provincial. O Padroado da Funga ten a última palabra para que o resto das propostas tamén se cumpla."

Link: 2010 - Diario de Ferrol - Diego R. Piñón






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1336