Detido
Fecha Viernes, 26 noviembre a las 12:38:14
Tema PHP-Nuke


A Policía Local de Ferrol detivo a un mozo, A.V.R, de 19 anos, veciño de Cedeira e sen permiso de conducir, que presuntamente roubou un coche e cometeu un delito contra a seguridade viaria, no centro da cidade, segundo indicaron hoxe fontes municipais.
Ocorreu ao redor das cinco da madrugada de onte na esquina das rúas Pontevedra e Alcalde Usero, no Inferniño.
Un coche, un Opel Vectra de cor granate, estrelouse contra outros catro que estaban estacionados e deuse á fuga, segundo relatou unha testemuña á policía ferrolá.

Os axentes localizaron o vehículo sospeitoso no barrio de Santa Mariña poucos minutos despois. O condutor acelerou cando os axentes déronlle o alto, pero o coche patrulla cruzouse no seu camiño.

A Policía comprobou que o sistema de arranque do coche fora manipulado e arrestaron ao mozo ao volante

Link: ABCONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1331