Concello de Cedeira - Dirección Xeral de Patrimonio
Fecha Lunes, 22 noviembre a las 09:47:00
Tema PHP-Nuke


A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Patrimonio, estuda xa a orixe das pinturas achadas fai doce días tras o retablo de San Andrés de Teixido cuxo orixe, crese, podería datar do século XVI.
Como se recordará, as obras emprendidas para acabar coas humidades existentes no templo e os traballos de consolidación dos muros perimetrales sacaron á luz varias sorpresas durante os últimos meses.

A primeira delas ao pouco de iniciarse os traballos, no mes de maio, cando apareceron uns habitáculos que se presupón foran utilizados como postos de venda e que a Xunta quere recuperar. Tamén se decidiu consolidar outras construcións semicubiertas que se atopan nun lateral do atrio.
O último achado produciuse o pasado día 10, cando con motivo destes traballos atopáronse as referidas pinturas. Uns frescos que se cre que quedaron esquecidos no templo desde o século XVII, tras a construción do retablo e que xa foran documentados. De feito, o historiador e cronista oficial de Cedeira, Rafael Usero, xa facía referencia aos mesmos no seu libro "O santuario de San Andrés".


© 2010 Diario de Ferrol


O propio arqueólogo que se encarga dos traballos de consolidación, Emilio Ramil, manifestaba a este xornal ( Diario de Ferrol ) que, dadas as características da composición "móstrase o martirio de San Andrés" podería tratarse dun n> do século XVI, algo que deberán confirmar agora os técnicos de Patrimonio, aos que Ramil xa enviou un informe detallado. No entanto, como explicou o arqueólogo, a Consellería de Cultura agardará ata que el emita un informe final, ao termo dos traballos. Unha intervención que se alargará algo máis do previsto inicialmente, xa que se decidiu substituír parte do empedrado do muro.
Sobre este aspecto, o alcalde de Cedeira, José Luís Vergara Rey, manifestou ao encargado do proxecto que o ideal sería utilizar "anfibolita" para os traballos, xa que se trata de pedra propia do lugar e máis escura que a que se empregou no seu día no santuario. O rexedor tamén lles informou sobre o lugar no que poderían obter esta variedade.

Queixas

O alcalde de Cedeira está moi desgustado coa forma en que actuou o párroco de San Andrés, "quen colocou tubos e apoiou bases de cemento sobre os frescos" no curso dunhas obras de mellora, denunciou. "A calquera veciño esixímoslle unha serie de requisitos á hora de facer obras e o cura, quizais máis que ninguén, debería ser máis escrupuloso que os demais con respecto á normativa", apuntou.
O rexedor municipal tamén engade que en casos como reformas no casco histórico debe pedirse permiso á Xunta, algo que non ocorreu cos traballos no templo. Por este motivo o alcalde enviará unha queixa formal ao director xeral de Patrimonio, José Manuel Rei Pichel.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1316