Buscar as causas da perda do poder internamente
Fecha Lunes, 16 marzo a las 11:14:41
Tema PHP-Nuke


"Os socialistas fan un bo traballo nos concellos, o problema non é compartir un goberno, senón competir nel", reflexionaba o vicesecretario xeral do PSOE, o lugués Xosé Blanco, este domingo nos micrófonos da radio pública española (RNE). Blanco pedíalle así aos seus publicamente que non cuestionen os actuais pactos locais entre socialistas e nacionalistas, malia admitir a necesidade de que estes acordos sirvan para garantir gobernos "compactos e sólidos" que demostren que lles preocupan os cidadáns "e resolver os seus problemas".

Por outro lado, Blanco quixo quitarlle ferro ao actual debate interno no PsdeG-PSOE, asegurando que o seu é un partido "en renovación permanente". "Conversei con persoas que promoveron esa reflexión de renovación e todas as que conduzan a unha saída en positivo para un proxecto maioritario en Galiza, son acertadas", valorou ao respecto dese debate.

Doutra banda, dixo estar preocupado por algunhas das recentes manifestacións públicas do líder do PpdeG e próximo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e pediulle que "non poña marcha atrás ao progreso de Galiza". Na opinión de Blanco, o país "creceu economicamente, deu un impulso á súa cohesión territorial e social e espero que siga ese camiño e non volva ás autovías de peaxe nin a privatizacións da sanidade ou educación encubertas". "Non houbo un momento da historia de Galiza cun investimento público tan importante", engadiu, advertíndolle ademais ao PP que non debe usar a Xunta para "atacar" o goberno español, "senón para avanzar e *****prir os obxectivos modernización".

Link: VIONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=131