Concello de Cedeira - FESTAS
Fecha Viernes, 19 noviembre a las 11:32:23
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira quere que se abandoe a idea de que as celebracións patronais teñen que ser organizadas por unha comisión de festas, e anuncia que a principios do 2011 sacará a concurso público a organización das próximas festas estivais na cidade. Así o adiantou onte o alcalde do municipio, Jose Luís Vergara Rey, en alusión ás queixas do Partido Popular de Cedeira que denuncia o «desorbitado gasto» que supuxeron as festas do ano 2008.

«Imos facer público o orzamento para festas do que dispón o Concello, coa intención de que as empresas que poidan estar interesadas propoñan o seu programa de actividades e concertos, e a partir de aí escollerase o proxecto máis competente», explica o rexedor. Pola súa banda, Luís Rubido, membro do grupo popular lamenta a medida ao considerar que así se farán menos festas empregando máis diñeiro».


O partido na oposición denuncia nunha nota que o Concello non dea cobertura ás contas referentes ás festas do ano 2008, que dobraron o orzamento inicial, a pesar das obxeccións formuladas polos servizos de intervención e tesourería. «O alcalde concedeu 300.000 euros ao concelleiro de festas, unha cantidade que nunca antes se chegou a pagar, por uns festexos de baixísimo perfil», sentenza Rubido. Afirma tamén que o Concello debe 90.000 euros ás comisións de festas do ano 2008 e do 2009.

Con todo, o primeiro edil asegura que «non ten constancia de ningunha factura pendente do 2008», e ao seu pesar, «as do ano seguinte non teñen nada que ver co tema das festas». «Non sei se a comisión debe facturas ou non, pero non queremos que se confunda á entidade co Concello», explica Vergara Rey.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1309