Volver ao Goberno en catro anos
Fecha Lunes, 16 marzo a las 12:12:04
Tema PHP-Nuke


"Se facemos as cousas como debemos, podemos volver ao goberno en catro anos, e onte demos o primeiro paso para facelo". Esa foi a mensaxe de optimismo cara a militancia e simpatizantes do BNG que quixo trasladar este domingo o voceiro nacional en funcións do Bloque, Anxo Quintana. Diante dos micrófonos da Cadena Ser, o líder nacionalista subliñou que o BNG traballará no Parlamento e "sobre todo mediante unha acción social forte e necesaria neste momento de crise". Unha tarefa que segundo Quintana a forza política comezará de inmediato, advertindo de que cara á cita asemblearia do próximo 10 de maio, o Bloque debe estar xa "ao lado da xente e non só dedicado ao traballo interno".

Quintana expresou a súa satisfacción polo grao de "unidade e responsabilidade" que dixo ter visto na xuntanza do Consello Nacional do BNG esta fin de semana, salientando a capacidade demostrada de que as distintas sensibilidades chegasen "a un punto de encontro". Por outro lado, afirmou apostar porque o nacionalismo atope "novos referentes" e cualificou de "lóxico" que non sexa el quen asuma o papel de voceiro no Parlamento, valorando que os nacionalistas contarán na Cámara con "doce persoas moi capacitadas". Insistiu en que o Bloque "decidirá as responsabilidades que cada un debe ter". "Vou estar ao servizo do BNG onde mo pidan, e esa é a disposición de Beiras, Paco Rodríguez ou Camilo Nogueira", engadiu. "Foi un Consello Nacional de unidade do que saíu unha folla de ruta que todos nos comprometemos a respectar e, con este comportamento, puxemos a primeira pedra para volver ao Goberno", indicou.

Link: VIONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=130