BNG: garantir o futuro de Vulcano
Fecha Lunes, 15 noviembre a las 15:32:28
Tema PHP-Nuke


O  portavoz  de Industria do g.p do BNG, Henrique Viétez, defendeu  unha iniciativa, onte a última hora da tarde e aprobada hoxe por unanimidade na Cámara galega, instando ao Goberno galego a iniciar as xestións necesarias a prol dunha solución para  o estaleiro Factorías Vulcano de Vigo.

O texto definitivo, aprobado por unanimidade na Cámara galega a iniciativa do BNG, insta á Xunta de Galiza a iniciar xestións co Ministerio de Industria, Turismo e Comercio para  chegar a unha posición común reforzada que permita a continuidade da empresa Factorías Vulcano.



Este acordo tamén contempla que, o Goberno galego utilice as súas competencias para que  PYMAR avale os créditos destinados  á construción dos buques actualmente en carteira e para isto,  dará  o primeiro paso nos avais necesarios coa aportación de 16,7 millóns de euros, pola Xunta de Galiza, para garantir a construción do buque 533 que ascende á cantidade de 21 millóns de euros.

Por outra parte, a través deste acordo, o Goberno galego tamén se compromete a utilizar os  instrumentos dos que dispón para completar as necesidades financeiras de Vulcano cara a busca dunha solución de futuro e a súa vez, dentro dos programas de internalización das empresa galegas, crear unha nova liña de axuda que permita reforzar a busca de novos mercados para a industria naval galega.

O deputado do BNG  lembrou que, tanto os traballadores como a dirección de Vulcano desenvolveron “un importe esforzo” para seguir no proceso de saneamento da empresa  e esta liña de crédito permitirá avanzar na capacidade produtiva do asteleiro.
Viétez resaltou que 200 traballadores seguen pendentes dunha solución ao igual que 800 que dependen das  empresas auxiliares polo que –na súa opinión, “o acordo  acadado hoxe,  pode ser un primeiro paso  para a continuidade produtiva de Vulcano”.


Link: BNG-Galiza  - M.F.C.






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1299