Participación cidadá en San Sadurniño
Fecha Sábado, 13 noviembre a las 08:34:28
Tema PHP-Nuke


O Concello de San Sadurniño continua pondo en práctica a súa política de fomento da participación veciñal na toma de decisións. Fíxose fai un par de anos coa posta en marcha dos orzamentos participativos "están apunto de aprobar os terceiros" e agora estase facendo tamén coa redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). A primeira medida acordada desde o goberno municipal foi a celebración dunhas xornadas abertas á cidadanía sobre urbanismo sostible e rehabilitación. Unhas sesións que inauguraba oficialmente o rexedor municipal, Secundino García, ás 09.30 horas, xunto coa delegada do COAG, María Fernández Lemos, e que foron cualificadas polo primeiro edil como "moi proveitosas para coñecer máis sobre a ordenación do territorio a través dunhas nocións básicas".

Durante todo o día, diferentes arquitectos participaron nos relatorios nas que se trataron cuestións varias como a necesidade de planificar o territorio, a sustentabilidade urbana, traballos crave para a alcanzala, plans de acción estatal e autonómicos ou rehabilitación enerxética de vivendas, entre outras. Ao termo das intervencións, a última hora da tarde, representantes políticos e técnicos municipais particiaron nunha mesa redonda.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1294