Concello de Cedeira - AC 566 - Xunta de Portavoces
Fecha Jueves, 11 noviembre a las 07:57:41
Tema PHP-Nuke


A Xunta non pon data para as obras na AC-566 no tramo que une Valdoviño con Cedeira, pero asegura que os traballos comezarán «axiña que como se termine co proxecto, que xa se está redactando». Sinalan que o viario que une Ferrol con Cedeira conta cunha partida de 230.000 euros nos orzamentos do próximo ano, para finiquitar o estudo e os traballos no último tramo.

Desde o Concello de Cedeira «agradecen» que se vaia a recuperar o pavimento visiblemente deteriorado, pero esixen que se tomen verdadeiras medidas para arranxar o viario. «Non resolve os problemas nin propón un cambio de trazado», sentenza Vergara Rey.

Na vila seguen previstas as mobilizacións para esta semana, e hoxe reunirase a xunta de portavoces no Concello para confirmar unha actuación conxunta entre os grupos políticos. O domingo sairán á rúa para informar aos veciños da urbe sobre as medidas que se van a tomar, coincidindo co día de feirón no municipio.

O alcalde adiantou que ten previsto convocar reunións coas autoridades de Valdoviño e Narón porque «a eles tamén lles afecta o problema». Todas estas accións pensando na mobilización que pretenden levar a cabo desde a urbe cedeirense a finais de mes, organizando unha marcha protesta a pé ata Ferrol.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1285