Plan de recuperación da praia
Fecha Jueves, 11 noviembre a las 07:55:38
Tema PHP-Nuke


O enxeñeiro de Costas Carlos Gil ten previsto reunirse esta mañá co alcalde de Cedeira, Jose Luís Vergara Rey, para visitar a praia da Magdalena e comprobar o estado e os danos sufridos pola tormenta Becky. O Concello xa se puxo en contacto con Demarcación de Costas para informarlles sobre a situación. «Estamos preparando un plan de recuperación da praia para abril, esperando a que pasen os meses dos temporais, sería unha tolemia investir agora», explica o primeiro edil de Cedeira.


© 2010 - La Voz de Galicia




Esta zona do litoral vese afectada cada ano polos estragos dos temporais, e desde o Concello queren buscar unha medida que protexa a longo prazo. O alcalde afirma que cada ano Costas inviste preto de 300.000 euros en recuperar o areal, o que esixe atopar outra solución para que os incidentes ocorran con menor frecuencia.

Aproveitando a visita de Gil, o alcalde presentará un proxecto, suxerido por uns veciños, que contempla a construción dun dique natural na praia da Magdalena como unha defensa propia do areal.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1284