AC 566 - Xunta de Galicia
Fecha Miércoles, 10 noviembre a las 16:36:51
Tema PHP-Nuke


A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, informou de que a estrada entre Ferrol e Cedeira, a AC-566, contará no 2011 cunha partida de 230.000 euros para rematar o estudo e o proxecto do tramo que une as localidades de Valdoviño e Cedeira.

En canto ao comezo dos traballos no tramo citado, a Xunta sinala nun comunicado que darán comezo «axiña que como se conclúa o proxecto», aínda en fase de redacción.

Actualmente, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas acomete as obras de mellora da vía entre os puntos Narón e Campo do Hospital co fin de optimizar a seguridade e a mobilidade dos condutores. Segundo indica a Xunta, o orzamento para estes traballos ascende a 625.000 euros e avanzan acorde aos prazos establecidos. Devandita actuación consiste na adecuación dos cambios de sentido e interseccións; a rehabilitación do firme e a construción dunha senda peonil para mellorar a seguridade viaria.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1282