Proxecto ambiental Auga sinxela
Fecha Miércoles, 10 noviembre a las 09:57:47
Tema PHP-Nuke


Unha bicicleta, unha roda de tractor, trapos, ferros e varios zapatos carcomidos son algúns dos achados atopados polos alumnos e pais da APA Picapeixe do CEIP Nicolás do Río (Cedeira), na canle do río Condomiñas. Trátase da primeira dunha serie de batidas de limpeza ao longo da canle fluvial, que se enmarcan no proxecto ambiental Auga sinxela. «Chegaremos ata a fonte de onde mana o Condomiñas, na Capelada», explica Diego Rodríguez Piñón, coordinador do grupo que colabora co programa educativo e ambiental Voz Natura, promovido pola Fundación Santiago Rei Fernández-Latorre e que conta co patrocinio das consellerías de Medio Ambiente e Medio Rural, a Deputación da Coruña, Leite Celta, Cabreiroá, Sogarisa e a Fundación Gómez Franqueira.


© 2010 - La Voz de Galicia - Quique Varzquez


Corenta persoas participaron nos labores de limpeza, que centraron a súa actuación nun quilómetro da canle ao seu paso pola urbe. «Retiramos da auga uns douscentos quilos de residuos», aseguran. Seguirán coas saídas, unha cada mes, para que os alumnos coñezan as características naturais das zonas polas que pasa o Condomiñas. «Os nenos aprenden unha lección de xeografía, aparte dos valores ambientais», afirma o coordinador do proxecto. Os alumnos realizan ademais un labor de estudo e análise do río.

«A anterior iniciativa de recollida de aceites usados tamén tivo moito éxito. Cada día achégase máis xente ao colexio en busca dos recipientes para depositar o aceite de casa». As actividades complementaranse con sesións de limpeza de praias, e unha visita á EDAR.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1278