Cambio de goberno
Fecha Domingo, 15 marzo a las 08:36:33
Tema PHP-Nuke


O cambio de goberno autonómico elixido democraticamente nas urnas o un de marzo leva que, nalgúns casos, máis dun tema por aqueles proxectos que foron comprometidos verbalmente polo goberno bipartito e agora haberá que volver negociar, no mellor dos casos.

O alcalde de Cedeira, o socialista José Luís Vergara, é un dos que manifestan abertamente o seu temor ante o feito de que certos proxectos importantes para a vila mariñeira caian agora en saco roto, tras a perda de poder do bipartido (PSOE-BNG) na Xunta de Galicia. Unha das cuestións que máis preocupa ao rexedor local, que goberna xunto co BNG e TEGA, é o arranxo da AC-566, a vía que comunica a vila con Ferrol e que discorre, na maior parte do seu trazado, polo municipio de Valdoviño. Como se lembrará esta vía foi obxecto de reforma, sobre todo o pasado ano, por parte da Consellería de Política Territorial. Algunha destas melloras, como a supresión de liñas descontinuas ou a incorporación de beirarrúas en Valdoviño, foron moi discutidas polos partidos da oposición e mesmo polo BNG de Cedeira.

Esta infraestrutura é de vital importancia para os cedeirenses, para comunicarse con Ferrol, e coa AP-9. O alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, teme agora que todo o que se adiantou con respecto a esta vía -compromisos verbais por parte da Cptopt- queden nun vago recordo. Pero se a AC-566 é importante para a vila de Cedeira non o é menos o seu porto deportivo. Como se lembrará, o proxecto inicial da dársena non gustou nada nin á Confraría de Pescadores nin ao consistorio, debido ao ambicioso do proxecto, que prevía construír unha estrutura con 411 puntos de amarre para embarcacións de recreo de entre 6 e 16 metros de eslora. O mesmo proxecto contemplaba a construción dun dique de abrigo de 315 metros de longo, dentro dunha ría de 1 quilómetro de ancho.

Tanto a Confraría da vila como o Consistorio presentaron alegacións ao proxecto inicial, obtendo até a data un compromiso, verbal, de Portos de Galicia para reducir parte do número de amarres. A día de hoxe non existe comunicación oficial de Portos sobre esta redución de dimensións da dársena, algo que tamén preocupa ao rexedor local, sobre todo agora que se aveciña un cambio de goberno.

Outra das apostas do goberno tripartito de Cedeira é a mellora da rede de saneamento en toda a vila. Aínda que xa se iniciaron algúns proxectos e asinado outros, como a separación de pluviais e fecais en varios puntos do municipio, este proxecto ambicioso tamén requirirá do respaldo do novo goberno da Xunta, algo co que conta o alcalde da vila.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=127