APADER - Cedeira
Fecha Martes, 02 noviembre a las 07:50:30
Tema PHP-Nuke


Unha vintena de persoas con discapacidade intelectual empezaron un curso de formación para o emprego no ámbito da xardinería en Cerdido. Trátase dunha actividade organizada pola Asociación Apader de Cedeira que conta coa colaboración do Concello de Cerdido e o patrocinio da Consellería de Medio Rural e que ten por obxecto a preparación de persoas discapacitadas para a súa integración sociolaboral no ámbito agroforestal.
Esta é a segunda sesión do curso, xa que o pasado mes de setembro realizouse unha primeira parte, tamén no municipio cerdidense. Tras o éxito desta primeira experiencia Medio Rural confirmou aos organizadores a continuidade do proxecto.

As clases impártense na área recreativa do Castro. Durante as sesións os alumnos adquiren os coñecementos teóricos e prácticos que lles capacitarán para desenvolver esta actividade profesional.
Mantemento de xardíns, limpeza de pistas forestais, podas e intervencións masivas en terreos de monte ou prado, constitúen algunhas das accións que se tratan durante a acción formativa. Así mesmo, durante o curso preténdese que os alumnos adquiran tamén destrezas para a creación de parterres, rega, abono, tratamento sanitario de pragas e creación de espazos ambientais.
A iniciativa ten unha orientación inminentemente práctica o que permitirá aos participantes facerse co manexo de útiles e ferramentas de xardinería, priorizando conceptos de seguridade e protección. As clases prácticas desenvólvense na área recreativa, os xardíns situados tras o consistorio e no carreiro que se rehabilitou nas inmediacións do río Pontellas e que transcorre por dous muíños, un deles convertido xa en espazo ecolóxico.
Con esta iniciativa Apader pretende facilitar a incorporación laboral destas persoas pondo ao seu alcance os medios.

Link: DFONLIne






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1262